10 ene 2017

Fervenzas de xeo de La Baña, Trevinca


O val das fervenzas (en realidade o seu topónimo é Valle de Cuadro -fonte: http://xeografica.blogspot.com.es/2011/02/pena-trevinca-e-as-escaladas-nas.html-) ábrese entre o Picón e o Acillino, na vertente norte do sistema montañoso de Pena Trevinca - Sierra de la Cabrera.

Parece que foi no ano 1988 cando Quico Valencia e Antón Gavela, un par de montañeiros do Club Alpino Ourensán -de aquela todavía chamábase Club Alpino Manzaneda-, descubriron estas fervenzas -fonte: http://xeografica.blogspot.com.es/2011/02/pena-trevinca-e-as-escaladas-nas.html-, aínda que xa foron outros os que as escalaron completamente por primeira vez:

"
Corría o ano 1988 cando arrepiadamente pero coas ideas ben claras, Quico Valencia e Antón Gavela atopaban no macizo de Pena Trevinca, na beira leonesa do cume Picon, cara á Baña, no coñecido como "Valle de Cuadro" un feixe de fervenzas de considerabel tamaño e variada formación. Logo de exploracións intensas e de sisudos estudos cartográficos por fin deron con elas, tiñan claro que estaban alí, e así foi.
Finalmente no inverno do 1988, antes de marchar na primeira expedición ourensá cara ás Montañas do Atlas Africano puideron ensaiar as posibilidades do xeo das fervenzas do regato de Cuadro, e iso que non foran as montañas de Trevinca moi visitadas pola neve nesa tempada, por elo as fervenzas atopábanse formadas polo que os paisanos chaman "augas quentes", é dicir, froito do frío extremo das xíadas e case que sen neveiros, bautizando á máis longa delas. que se atopa separada certamente do grupo principal das mesmas, coma a fervenza "Ferminha ao Picon", na honra do Fermin, garda do refuxio de Fonte da Cova, que tantas axudas botou aos montañeiros galegos.
Pasaron xa vintetres intensos anos e as fervenzas figuran  nas guías máis completas da escalada en xeo na península, mágoa que nalgunha delas desvirtuárase o topónimo real do "Valle de Cuadro" polo de "Val das Fervenzas" que nunca existiu e é froito de visitantes posteriores que quixeron rebautizar de xeito irregular unha zona leonesa que conta coa súa denominación autóctona, ben reflectida por certo na cartografía oficial.
"


   


Fervenzas de xeo: Xelo's Fiestra, ¿?, Fervenza Free, Terminator 3 e ¿? (fonte: http://agrupacionmz.es/paginas/vernoticia.php?text=1&npag=1&pag=42&id=138)


Xelo's Fiestra (fonte: https://get.google.com/albumarchive/102531151986270924208/album/AF1QipMTP-52IqQ20NeJb2qd9a4s1OVsNTOa1NQXHxUW)


Fervenzas de xeo (fonte: https://nomadasdelailusion.wordpress.com/2014/02/26/cascadas-de-la-bana-trevinca/)




Aproximación ás fervenzas de xeo (fonte: https://nomadasdelailusion.wordpress.com/2014/02/26/cascadas-de-la-bana-trevinca/)