24 may 2019

Convocada, o 15 de xuño de 2019, unha xornada de limpeza de fendas en Faro de Budiño




Saudos a todos/as,
Poñémonos en contacto coa comunidade escaladora para solicitarvos a vosa
colaboración, a nivel individual, na limpeza das fisuras da escola de Faro Budiño o día 15 de Xuño do 2019.
As fisuras co paso do tempo voltan estar asalvaxadas polo que compre facerlles un lavado de cara de cando en vez. A última vez que se levou a cabo a limpeza de forma masiva foi fai uns anos e a pesar de que a nivel persoal moita xente limpa as fisuras para que todos poidamos disfrutar delas, desta vez, imos intentar facer novamente unha limpeza colectiva.
Ao ser unha actividade que require estar pendurado na parede, este chamamento faise para aquelas persoas que teñades coñecementos de manexo de cordas e poidades traballar pendurados de xeito autónomo. Do mesmo xeito, ao ser una actividade organizada, vémonos na obriga de cumplir coas normas de seguridade e legais para facelo. Así pregamos que os voluntarios que se queran unir a actividade dispoñan dun seguro que cubra a actividade da escalada e firmen un consentimiento informado conforme coñecen e aceptan os riscos da actividade a se desenvolver no día da limpeza.
Pregamos encarecidamente que as persoas que non operedes de xeito autónomo, non queirades firmar o consentemento ou non teñades seguro de accidentes, non vos penduredes a limpar vías o mesmo día da convocatoria deste chamanento.
Todos aqueles que vos queirades unir a limpar unha fisura teredes que dispor do voso material propio de escalada e de limpeza, o cal inclue os cepillos de arame e demáis ferramenta que consideredes preciso para deixar a fisura relucinte.
Os interesados/as que cumprades os requisitos e queirades colaborar nesta iniciativa, enviade un email a seguinte dirección limpieza.fisuras.budi@gmail.com antes do 7 de Xuño do 2019. Unha vez rematado o prazo de recepción de solicitudes procederase a distribuir as fisuras entre os participantes, aos cales contactaremos novamente uns días despois. No proceso de inscripción teredes que cubrir o consentimiento informado.
Agradeceríamos que, no email de inscripción, indiquedes se vos comprometedes a rematar de limpar a fisura pola vosa conta, no caso de que non de tempo a facelo o día 15 ou no seu caso que nos indiquedes se quedou limpa ou precisa máis xornadas para acabar de limpala. Do mesmo xeito, se alguén quere limpar alguna fisura en concreto, indicádenolo no email.
Todos valoramos os nosos días libres así que por favor pregamos seriedade, non vos anotedes aqueles que saibades que non cumprades os requisitos arriba indicados, non podedes ou non queredes participar nas labores de limpeza. Pola nosa banda intentaremos ser o máis serios e efecientes posible.
Non todo vai ser traballar, así que despois da xornada de limpeza compartiremos unha agradable velada ceando todos xuntos. Para a cea, nós pomos as mesas e as parrillas a comida e a bebida ten que tráela cada quen consigo.
Tamén dende aquí, queremos pedir desculpas polas posibles molestias que poidamos ocasionar os limpadores a toda a xente que o día 15 de Xuño estea escalando. É soamente un día e é en beneficio da comunidade escaladora polo que pregamos que o entendades.
Moitas gracias pola vosa colaboración e agardamos por unha resposta masiva.

https://drive.google.com/file/d/1BogaQijDPnI6KJvKmIi-RjJlKjH5aEuQ/view?fbclid=IwAR3E3mQwePMn5HehcUOW48hKethFNYuk0ev20sRtTLrbiTcxkqwliurugTU

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfFWyTz41r_5OrdAJqKn3ZpC12gyBwlxdQ-dx1us1GqSbNI3g/viewform?fbclid=IwAR0aAm6kBpWA4VDUmZlOS4MpNTsbtcqienQ6Qokz9CisFKE7ig3g8T8irps


10 may 2019

Espigüete, Fuentes Carrionas, montaña Palentina (León)


Cara Este do Espigüete (páx. 2 de https://www.arasdelcielo.com/wp-content/uploads/5-2-Espiguete-Este-V-2.0.pdf
Fonte: http://www.arasdelcielo.com/espiguete/)
A nosa ruta de ascenso foi a o Cresterío Este (ruta 7)