Fonte:http://fendaseferralla.blogspot.com.es/2014/09/nova-via-en-covas-presa-de-penarrubia.html
Información do Xosé en outubro de 2020:
Hoxe estivemos Moi e máis eu no Espolón Fiz-Roi (Covas-Penarubia), a vía ten algo de matogueira pero faise perfectamente, fomos limpando algúns cantos pero se pasan un par de cordadas quedará ben limpo. Cambiamos un pitón por parabolt no primeiro longo e mudamos tamén a corda que axuda a achegarse á parede, que estaba vella. A vía está como sae no bosquexo mais cremos que o segundo longo pode ser máis 6b+ ca 6c. Alén disto atopamos un par de sorpresas que vos conto:
Construíron un valado enorme que cobre case toda a barranqueira de acceso, nós pasamos facendo unha trepada onde o valado se une co tunel, pola esquerda de todo, logo seguimos todo o valado pola parte superior ata o camiño normal que se explica no bosquexo de acceso. Deixamos un fito entre dous tirantes do valado para sinalar por onde debemos comezar a subir ata a vira que nos deposita no rochedo, hai fitos que siguen sinalando o camiño. Tampouco sabemos como se pode acceder ao Anfiteatro de Penarrubia, talvez pasando o valado polo mesmo sitio e tirando rectos para arriba.
No último longo do Esplolón, 5º longo, sacaron a ultima chapa da vía. Alguén decidiu que sobraba e queda só o parafuso. Pasase igual metendo un 0,75 nuns bloques da esquerda pero non entendemos nada, hai peña á que se lle vai a pinza. A vía foi feita para escalar sen que houbese moitas sorpresas e puidera ir a xente, agora hai que xestionar mellor esta parte. Se alguén vai facelo que leve unha chapa e unha porca de 10 mm e que a repoña porque o parafuso está perfecto. Sempre flipando cos egos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario