Restricións de acceso da Junta de Castilla y León:
Prohibido escalar ou pasar por embaixo do sector Principal de Llombera, dende maio ata finais de agosto.
Pese a esta restricion, pódese acceder os outros dous sectores polo camiño do respiradeiro da mina, ou bordeando polo sector Pioneros.
Acceso para evita-las restricións en verán:
Para acceder polo respiradeiro da mina, hai que segui-la estrada ata unha recta da que sae o camiño que teremos que tomar a pé: subimos uns 150m ata o edificio do respiradeiro, continuamos rectos seguindo o cauce dun regato (seco en verán) ata unha torre eléctrica, xusto antes da torre hai que cruza-lo regato á dereita e subir pola canle, rectos cara ó Espolon Yoel, logo, xa arriba teremos á dereita El Lado Oscuro e rectos Hakuna Matata.
Aproximacións e sectores El Lado Oscuro e Hakuna Matata. Fonte: https://www.facebook.com/Escuela-de-Escalada-Deportiva-Llombera-476503443114251/
Sector Principal. Fonte: http://lagarafa.blogspot.com/2015/10/llombera.html