20 sept 2020

Llombera (La Pola de Gordón, León)

 

Restricións de acceso da Junta de Castilla y León:

Prohibido escalar ou pasar por embaixo do sector Principal de Llombera, dende maio ata finais de agosto.

Pese a esta restricion, pódese acceder os outros dous sectores polo camiño do respiradeiro da mina, ou bordeando polo sector Pioneros.


Sectores de Llombera. Fonte: http://lagarafa.blogspot.com/2015/10/llombera.html

Acceso para evita-las restricións en verán:

Para acceder polo respiradeiro da mina, hai que segui-la estrada ata unha recta da que sae o camiño que teremos que tomar a pé: subimos uns 150m ata o edificio do respiradeiro, continuamos rectos seguindo o cauce dun regato (seco en verán) ata unha torre eléctrica, xusto antes da torre hai que cruza-lo regato á dereita e subir pola canle, rectos cara ó Espolon Yoel, logo, xa arriba teremos á dereita El Lado Oscuro e  rectos Hakuna Matata.






Aproximacións e sectores El Lado Oscuro e Hakuna Matata. Fonte: https://www.facebook.com/Escuela-de-Escalada-Deportiva-Llombera-476503443114251/




Sector Principal. Fonte: http://lagarafa.blogspot.com/2015/10/llombera.html

No hay comentarios: